martes, 22 de diciembre de 2020

FESTA NADAL E NOITEVELLA

O martes, último día de clase, tivemos un día de festa!

Aínda que había algunhas cousas xa planificadas polo centro ou a por min, eles/as escolleron o que querían facer neste día o resto do tempo. As súas eleccións foron bailar e xogar nos recunchos.

A primeira hora fomos ver aos Reis Magos, que viñeron de visita ao cole. Aínda que non puidemos achegarnos moito a eles pero si lles deixamos a nosa carta no buzón real.





























Despois vimos o Festival de Nadal deste ano, coas actuacións de todo o colexio. Podedes velo na páxina web do colexio.



                                         



E por suposto, celebramos a nosa festa de Noitevella, con uvas e todo!


Pasámolo moi ben!



Bo Nadal e feliz ano novo!








DÍA 21 E 22 ANTES DE NADAL (ELFO)

O luns, Elrond e Rupert apareceron no seu sitio favorito: o baño! e os atopamos en medio dunha pelexa de bolas de neve... estes elfos son moi travesos!







O martes, o último día de clase, trouxéronnos unha gran sorpresa: unhas gafas e uns globos cos números 202 para a nosa festa de Noitevella!





lunes, 21 de diciembre de 2020

VIDEOCLIP COA CANCIÓN DE NADAL

Aquí vos deixamos o videoclip que gravamos para o Festival de Nadal do colexio deste ano. Agardamos que vos guste!




ANIVERSARIO DE BENJAMIN

A semana pasada foi o aniversario do noso compañeiro Benjamin e tocoulle ser o protagonista da semana.

Como vimos facendo dende inicio de curso, ao longo dos días fomos vendo e falando das características de Benjamin.

Ensinounos fotografías de como era de pequeno e coa súa familia.






O medimos e pesamos e rexistramos os datos na ficha para o seu libro de aniversario.




Ensinounos cales son as súas cousas favoritas: libro, comida, película...

E por suposto festexamos o seu aniversario cantandolle o "Cumpleaños feliz" e bailando moito.



















PARABÉNS BENJAMIN!




viernes, 18 de diciembre de 2020

DÍA 17 E 18 ANTES DE NADAL

O xoves, Rupert secuestrou as nosas caixas co material pero pronto logramos recuperalas.








O venres, Rupert e Elrond trouxéronnos un boneco de neve! Pero algo pasou polo camiño...



No calendario, a misión do día era fabricar un adorno con lá e cartón e de premio, un selo.


miércoles, 16 de diciembre de 2020

DÍA 14, 15 E 16 ANTES DE NADAL

O luns, Rupert tirou todas as construcións pola clase.

No calendario de Adviento tivemos que resolver unha adiviña e o premio foi facer unha manualidade: pintamos con lá!









O martes, Rupert apareceu durmindo enriba do encerado dixital, con manta e todo!



No calendario tocounos unha proba física, que fixemos de 10! E de premio, sesión de baile.










O mércores, Rupert apareceu no alto da persiana cun rotulador e deixara unha pintada no cristal.
Gustounos tanto a idea, que nós tamén decoramos as ventás cos rotuladores.

























No calendario touconos rematar a nosa postal e de premio, unha pegatina.