miércoles, 28 de abril de 2021

ESCENOGRAFÍA VIVENCIADA

A Aprendizaxe Vivencial é aprender por medio do facer. É un proceso a través do cal os individuos constrúen o seu propio coñecemento, adquiren habilidades e realzan os seus valores, directamente desde a experiencia.

Hoxe desfrutamos dunha escenografía vivenciada, pensado para experimentar, manipular, imaxinar... e sobre todo, divertirse!



sábado, 24 de abril de 2021

GAÑAMOS UN PREMIO LITERARIO

Con motivo do día do libro, dende a biblioteca do centro, organizouse un concurso literario. Nós presentámonos na categoría de poesía e gañamos o premio a mellor poema de Educación Infantil!!

Mar, a responsable da biblioteca, e Eladia, a Directora, viñeron darnos a noticia xunto cun diploma e un agasallo para a clase.














Aquí vos deixamos o poema que fixemos.



Agardamos que vos guste!

 

viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día, fixemos unha marcapáxinas para levar para a casa.

Volvimos a utilizar a técnica de pintar con canicas e pintura fluorescente. Despois, cada un puxo Día do libro 2021.
















Tivemos moita sorte de que a familia de Valentina Testa nos enviase un vídeo contando o conto "Os chivos chivóns". Gustounos moito. Moitas grazas familia!



Durante esta semana estivemos a facer "Bookfaces". Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades como nos quedaron.








COIDAMOS DOS NOSOS VERMES

Cada día, un de nós, é o encargado de alimentar e coidar aos nosos vermes de seda. Ademais, temos unhas follas de rexistro para anotar en que fase se atopan.


















ANIVERSARIO DE ANTÍA

Esta semana foi o aniversario da nosa compañeira Antía e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.







O martes observamos como é Antía agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.








O mércores contounos cales son as súas cousas favoritas: a cor, o conto... e comezamos a ver a súa película favorita: "Más allá de la luna".










O xoves falamos sobre como vemos cada un de nós a Antía e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e lle agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.



















PARABÉNS ANTÍA!

lunes, 19 de abril de 2021

TEMOS VERMES DE SEDA!

Hoxe chegaron a clase uns novos compañeiros/as, que teremos que coidar con moito coidado: uns vermes de seda!

Algúns aínda non saíron do ovo!



















Imos aprender un montón de cousas con eles, grazas, sobre todo, a súa observación directa.






viernes, 16 de abril de 2021

FACEMOS UNHA SIMULACIÓN DO PROCESO DIXESTIVO

Hoxe saímos ao patio para ver como funciona o aparello dixestivo. 

Primeiro, desmenuzamos un anaco de pan, como se as nosas mans fosen os dentes. Ese pan ía parar ao estómago (bolsa zip).



Despois, mesturábase cos ácidos gástricos (vinagre) e o estómago movíase para triturar máis a comida.




Unha vez que xa está todo triturado, pasa aos intestinos (media), que absorben todos os nutrientes.





E finalmente, sae a caca!





Como supoñeredes, este último paso foi o que máis nos gustou!