viernes, 28 de mayo de 2021

ANIVERSARIO SOFÍA SANDE

Esta semana foi o aniversario da nosa compañeira Sofía Sande e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.









O martes observamos como é Sofía agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.








O mércores tocaba que nos contara cales son as súas cousas favoritas e ensinounos o seu conto favorito.





O xoves falamos sobre como vemos cada un de nós a Sofía e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e lle agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.













PARABÉNS SOFÍA!

jueves, 27 de mayo de 2021

APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE AS ABELLAS

Estivemos vendo como é un panal de abellas e como son as celdas.









Fixemos un panal de abellas con rollos de cartón simulando os diferentes tipos de celdas segundo sexan de abella raíña, zanganos ou obreiras.






Vimos que non todas as abellas se alimentan do mesmo xeito, xa que as larvas e a raíña comen xalea real en lugar de mel. Para ver se quedara claro, fumos colocando replicas de larvas e pupas na súa celda correspondente segundo o seu alimento.





Observamos e experimentamos co mel e o polen. Os que quixeron , puideron probalo.



















Anxo trouxo unhas abellas mortas, que estivemos analizando. Chegamos á conclusión de que eran abellas obreiras, xa que debían estar recollendo polen das flores.











lunes, 24 de mayo de 2021

XA TEMOS BOLBORETAS!

Estes días comezaron a saír as primeiras oblboretas do seu casulo. Estamos moi emocionados e agardando que poñan os ovos.