jueves, 31 de marzo de 2022

viernes, 18 de marzo de 2022

PINTAMOS CON SOL

Hoxe tivemos unha actividade especial. Saímos ao patio para poder pintar utilizando o sol.

Utilizamos uns papeis de impresión social, é como si o papel se puxese moreno. Ponse escuro onde lle da directo e quedan máis claras as zonas tapadas.

Utilizamos pezas soltas, elementos naturais, letras...












Cada neno/a fixo a súa composición libremente. As deixamos un ratiño ao sol e despois as sumerximos en auga un minuto.

















jueves, 17 de marzo de 2022

INVESTIGAMOS SOBRE MERCURIO

Hoxe tocunos investigar sobre o Mercurio, o planeta máis próximo ao sol.

Primeiro buscamos información nos libros do recuncho do proxecto e puxemos a información en común co resto dos compañeiros/as.

Un dos datos máis importantes que atopamos é que Mercurio está cheo de cráteres porque chocan os asteroides contra el. Isto ocorre porque Mercurio non ten atmósfera.

Utilizamos fariña e papel albal para simular a Mercurio e os asteorides.











martes, 15 de marzo de 2022

O SOL NAS NOSAS MANS

Utilizamos una app para ver o sol en 3D e para poder "collelo" nas nosas mans. 



























INVESTIGAMOS SOBRE O SOL

Dentro do proxecto do universo, estivemos investigando sobre o sol, que é o centro do noso sistema solar.

Primeiro, buscamos información nos libros do recuncho do proxecto e despois o puxemos en común co resto dos compañeiros/as.

Despois fixemos dous experimentos.

No primeiro somulamos como arde o sol. Utilizamos bicarbonato tinguido de laranxa e vinagre.








Despois, fixemos outro con escuma de afeitar, colorante vermello e amarelo e un folio. 















viernes, 11 de marzo de 2022

COLABORAMOS NA RECOLLIDA DE COUSAS PARA UCRANIA

Esta semana, dende o centro,  levouse a cabo unha recollida de cousas para mandar a Ucrania. 

Hoxe tocounos aportar o noso graniño de area e estivemos clasificando, empaquetando e etiquetando productos alimentarios.






































Hai moitas cousas desta situación que non comprendemos pero sí tiñamos claro que esta comida vai facer moi feliz a algunhas persoas. Agardamos que o noso cariño e os nosos bos desexos tamén lles cheguen.