viernes, 26 de febrero de 2021

ANIVERSARIO VALENTINA TESTA

Esta semana celebramos o aniversario da nosa compañeira Valentina Testa e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.








O martes observamos como é Valentina agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.











O mércores contounos cales son as súas cousas favoritas e lemos o seu conto favorito. 










O xoves falamos sobre como vemos cada un de nós a Valentina e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e a agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.














PARABÉNS VALENTINA!



martes, 23 de febrero de 2021

UN ESQUELETO NA AULA!

Hoxe atopamos un esqueleto no baño da aula. Chámase Fermín e ten unha misión para nós: descubrir que é o que lle pasa.









Pero para iso temos que aprender moito sobre o noso corpo e converternos nos mellores médicos do mundo!

Comezamos pensando que é o que xa sabemos sobre o corpo.




Despois preguntámonos que é o que queremos aprender.














FERMÍN PODE ESTAR TRANQUILO, ESTÁ EN BOAS MANS!


lunes, 22 de febrero de 2021

FACEMOS COPOS DE NEVE

Hoxe fixemos un copo de neve cortando anaquiños de papeis coas cores do inverno. Unha vez rematado escribimos a palabra inverno.

















viernes, 19 de febrero de 2021

PINTAMOS PINGÜÍNS

Hoxe fixemos uns debuxos duns pingüíns con acuarelas, sal e mooooita purpurina!










ANIVERSARIO CLARA

Entre a semana pasada e esta celebramos o aniversario da nosa compañeira Clara e tocoulle ser a protagonista.

O xoves pasado ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.














O venres observamos como é Clara agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.













Este xoves contounos cales son as súas cousas favoritas, vimos un anaco da súa película favorita e leunos o seu conto favorito. 








Hoxe falamos sobre como vemos cada un de nós a Clara e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

Tamén festexamos o seu aniversario, bailamos, cantamos e a agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.













PARABÉNS CLARA!