martes, 24 de noviembre de 2020

25N: QUE NINGUÉN APAGUE A TÚA LUZ

Para conmemorar este día e baixo os lemas "Que ninguén apague a túa luz" e "¡Que bonita es la vida!" elaboramos uns farolillos individuais e un colectivo para poñer na entrada do colexio.

Para os farolillos individuais utilizamos ceras brandas e pegamento de purpurina. Para o farol grande fixemos boliñas de papel de seda e papel celofán de cor amarela.

Na web do colexio podedes ver un vídeo con fotografías que representan que bonita é a vida e a voz de todos os nenos/as recitando un poema.


















jueves, 19 de noviembre de 2020

ANIVERSARIO DE LEO

Esta semana foi o aniversario do noso compañeiro Leo e tocoulle ser o protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequeno.








O martes centrámonos en como é Leo agora: canto pesa, canto mide, tomamos as súas pegadas das mans...







O mércores contounos cales son as súas cousas favoritas.








O xoves falamos de como vemos nós a Leo e que é o que máis nos gusta del. Fixémoslle un debuxo e o describimos nunha palabra.

O venres festexamos o seu aniversario cantandolle o "Cumpleaños Feliz" e lle regalamos un libro cos nosos debuxos.


































miércoles, 11 de noviembre de 2020

QUE TEÑO NA CABEZA?

Algúns días, cando acabamos moi cedo o traballo, dedicamos un pouco de tempo a xogar a "Que teño na cabeza?"

Un neno/a leva unha tarxeta agarrada cunha banda na súa cabeza e os demais teñen que ir dándolle pistas: é un animal, grande, vive no mar... ata que o adiviña.

Con este xogo aprendemos a respectar a quedan de palabra, aumentamos o noso vocabulario, traballamos atención e memoria... e ademais rímonos un montón!







martes, 10 de noviembre de 2020

OS NOSOS MINI-EUS

Hoxe apareceron na aula unhas versións diminutas de nós mesmos!!
Nos axudarán a pasar lista, asociar o nome a cada neno/a, para votar... para un montón de cousas! Estamos encantados con elas.







CADROS DE OUTONO

Dentro do proxecto do Outono fixemos un cadro coa nosa fotografía soprando follas coma se fose o vento.

Primeiro pintamos a cartolina con acuarelas utilizando soamente as cores de outono.







Escollemos as follas que queremos poñer e as pegamos xunto coa nosa fotografía e ...xa está!









Agora as temos pegadas nas ventás da aula para que vexades o ben que quedaron.

lunes, 9 de noviembre de 2020

TRABALLAMOS A ASOCIACIÓN DE CANTIDADE E GRAFÍA

Na asemblea, en gran grupo, traballamos aspectos relacionados cos números como pode ser asociar unha cantidade de obxectos ao seu número.

Neste caso, cada neno/a pescaba un peixe cun número e poñía esa cantidade de policubos e/ou botóns.

Despois ordenamos eses números de menor a maior.