miércoles, 11 de noviembre de 2020

QUE TEÑO NA CABEZA?

Algúns días, cando acabamos moi cedo o traballo, dedicamos un pouco de tempo a xogar a "Que teño na cabeza?"

Un neno/a leva unha tarxeta agarrada cunha banda na súa cabeza e os demais teñen que ir dándolle pistas: é un animal, grande, vive no mar... ata que o adiviña.

Con este xogo aprendemos a respectar a quedan de palabra, aumentamos o noso vocabulario, traballamos atención e memoria... e ademais rímonos un montón!







No hay comentarios:

Publicar un comentario