viernes, 30 de octubre de 2020

FESTEXAMOS SAMAÍN!

Hoxe chegou o día que tanto tempo levabamos agardando: a festa de Samaín! Non sei porque será: os disfraces, as cousas de medo... pero é unha festa que nos encanta!

A primeira hora da mañá chegamos todos moi guapos e arrepiantes e tamén un pouquiño ansiosos e nerviosos a verdade.

Fixemos unha asemblea un pouco máis rápido do normal porque a segunda hora tiñamos Taller de conxuros e pocimas. Por un anaco, convertémonos todos e todas en aprendices de bruxos e bruxas.



























Despois, dentro da aula, creamos o noso propio caldeiro de pocións: con pintura e moita purpurina!







Tivemos recreo e merenda como tódolos días e despois... Rosa veu contarnos unha historia de medo.




Foi unha xornada moi completa e divertida!




BO SAMAÍN!











miércoles, 28 de octubre de 2020

martes, 27 de octubre de 2020

MANUALIDADES DE SAMAÍN

Levamos varios días facendo varias manualidades para adornar a nosa aula e a exposición de cabazas. Aquí vos deixamos unhas fotografías do proceso e do resultado.

































Esperamos que vos gusten!


lunes, 26 de octubre de 2020

DECORAMOS A PORTA PARA SAMAÍN

A semana pasada estivemos traballando para poder facer que a nosa porta fose monstruosa para festexar o Samaín.
Así que, entre todos/as fixemos unha mansión encantada, cuns inquilinos arrepiantes!
Aquí vos deixamos fotografías do proceso e deses inquilinos que meten tanto medo.