viernes, 30 de octubre de 2020

FESTEXAMOS SAMAÍN!

Hoxe chegou o día que tanto tempo levabamos agardando: a festa de Samaín! Non sei porque será: os disfraces, as cousas de medo... pero é unha festa que nos encanta!

A primeira hora da mañá chegamos todos moi guapos e arrepiantes e tamén un pouquiño ansiosos e nerviosos a verdade.

Fixemos unha asemblea un pouco máis rápido do normal porque a segunda hora tiñamos Taller de conxuros e pocimas. Por un anaco, convertémonos todos e todas en aprendices de bruxos e bruxas.



























Despois, dentro da aula, creamos o noso propio caldeiro de pocións: con pintura e moita purpurina!







Tivemos recreo e merenda como tódolos días e despois... Rosa veu contarnos unha historia de medo.




Foi unha xornada moi completa e divertida!




BO SAMAÍN!











No hay comentarios:

Publicar un comentario