martes, 22 de junio de 2021

ÚLTIMO DÍA EN 5º DE INFANTIL

Hoxe tivemos un día cargado de xogos e sorpresas!

Comezamos cun contacontos da "Ratiña Carmiña" que nos contou o conto "O Papón".













Tivo uns axudantes xeniais!!







Despois de merendar, fumos a unha illa deserta!











Bailamos o limbo,







Escorrentamos a unhas temibles quenllas,












e ata fixemos os nosos propios colares de estilo "hawaiano".



E con este día tan divertido remata este curso.

Pasade moi bo verán e vémonos en setembro coas pilas ben cargadas!






viernes, 18 de junio de 2021

ANIVERSARIO ANA

Esta semana festexamos o aniversario da nosa compañeira Ana e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.










O mércores observamos como é Ana agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.









O xoves tocou que nos contara cales son as súas cousas favoritas e ensinounos o seu conto favorito e vimos un anaco da súa película favorita.









Tamén falamos sobre como vemos cada un de nós a Ana e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e lle agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.

















PARABÉNS ANA!

ANIVERSARIO SOFÍA M

Esta semana festexamos o aniversario da nosa compañeira Sofía e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.










O mércores observamos como é Sofía agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.











O xoves tocou que nos contara cales son as súas cousas favoritas e estivemos vendo a súa película favorita.












Tamén falamos sobre como vemos cada un de nós a Sofía e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e lle agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.















PARABÉNS SOFÍA!