viernes, 28 de mayo de 2021

ANIVERSARIO SOFÍA SANDE

Esta semana foi o aniversario da nosa compañeira Sofía Sande e tocoulle ser a protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequena.









O martes observamos como é Sofía agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.








O mércores tocaba que nos contara cales son as súas cousas favoritas e ensinounos o seu conto favorito.





O xoves falamos sobre como vemos cada un de nós a Sofía e cales son as cousas que máis nos gustan dela.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e lle agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.













PARABÉNS SOFÍA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario