martes, 29 de septiembre de 2020

PINTAMOS COMO PAUL KLEE

Hoxe utilizamos a técnica "sacar a pasear unha liña" do pintor Paul Klee. Esta técnica consiste en facer unha liña de cor negra e facer camiños sen levantar o rotulador do papel. 
Despois coloreamos os distintos espazos que quedaron polo medio.
A este pintor encantáballe encher as súas obras de cor e nós fixemos o mesmo.



























miércoles, 23 de septiembre de 2020

DESFRUTAMOS DOS RECUNCHOS DE XEITO INDIVIDUAL

Cando rematamos o traballo ou as tarefas do día podemos coller algún xogo. Este ano é un pouco peculiar xa que non podemos compartilos cos nosos compañeiros/as  pero segue a ser un momento que desfrutamos un montón.




























viernes, 18 de septiembre de 2020

TRABALLAMOS COAS NOSAS INICIAIS

Hoxe fixemos as nosas iniciais a modo de vidrieiras para colocalas nas nosas ventás. Para iso pegamos anaquiños de papel celofán pegados con forro adhesivo. Encantounos poder utilizar as tesoiras por fin!











Tamén decoramos a nosa inicial con rotuladores, gomets e selos para pegar na porta da aula.















A que nos quedaron ben?






jueves, 17 de septiembre de 2020

TRABALLAMOS AS FORMAS BÁSICAS A PARTIR DO CONTO "TITO MALABARISTA"

Hoxe coñecemos a Tito, malabarista dun circo, que tiña un gran problema: perdera o seu nariz con forma de círculo! Ao longo da historia Tito busca outro nariz e proba un nariz con forma de cadrado, de triángulo...

A partir deste conto recordamos as formas básicas e realizamos dúas actividades: un cadro onde clasificabamos a Tito segundo a forma do seu nariz e unha ficha de atención na que tiñamos que fixarnos ben no modelo e colorear o nariz de Tito segundo se indicaba.

















COÑECEMOS A BEEBOT

Hoxe coñecemos outro robot que temos na aula: Beebot. Funciona dunha forma moi sinxela: ten catro botóns que lle indican que se mova cara adiante, cara atrás, cara a dereita ou cara a esquerda.

Como primeiro contacto realizamos un circuito pechado no que pouco a pouco lle indicamos cara onde debía moverse.












Foi moi divertido e emocionante!