jueves, 17 de septiembre de 2020

TRABALLAMOS AS FORMAS BÁSICAS A PARTIR DO CONTO "TITO MALABARISTA"

Hoxe coñecemos a Tito, malabarista dun circo, que tiña un gran problema: perdera o seu nariz con forma de círculo! Ao longo da historia Tito busca outro nariz e proba un nariz con forma de cadrado, de triángulo...

A partir deste conto recordamos as formas básicas e realizamos dúas actividades: un cadro onde clasificabamos a Tito segundo a forma do seu nariz e unha ficha de atención na que tiñamos que fixarnos ben no modelo e colorear o nariz de Tito segundo se indicaba.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario