viernes, 22 de enero de 2021

ANIVERSARIO ANXO

Esta semana celebramos o aniversario do noso compañeiro Anxo e tocoulle ser o protagonista da semana.

O luns ensinounos fotografías da súa familia e de como era de pequeno.










O martes observamos como é Anxo agora: canto mide, pesa... e tamén estampamos as súas pegadas nunhas follas.












O mércores contounos cales son as súas cousas favoritas e comezou a lernos o seu conto favorito. Como era tan longo tivemos que facelo en tres dias!














O xoves falamos sobre como vemos cada un de nós a Anxo e cales son as cousas que máis nos gustan del.

O venres festexamos o seu aniversario, bailamos e cantamos e o agasallamos cun libro feito cos nosos debuxos.


















PARABÉNS ANXO!




2 comentarios:

  1. Moitas grazas, Ariadna! Encantounos o libro e todos os debuxos dos compañeiros e compañeiras. Anxo foi moi feliz esta semana. Un saúdo, a familia de Anxo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós por axudarnos a coñecer un pouquiño más a Anxo!

    ResponderEliminar