martes, 8 de marzo de 2022

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar este día levamos a cabo dúas actividades distintas: unha a nivel de centro e outra na nosa aula.

Todas as aulas do centro deseñamos e creamos unha formiga para montar unha instalación artística baseada na de Pilar Cerdá, titulada "Ants traballadores".

O primeiro paso foi investigar sobre esta artista e o seu traballo, e especialmente nesta exposición inspirada na muller traballadora.
Cando tocou decidir a temática da nosa formiga estivo claro: tiña que ser unha formiga espacial! E tiña que ter ben de purpurina.













Tamén fumos visitar a exposición para ver as formigas do resto de aulas. Había de moitos tipos e tamaños; o máis bonito da exposición é precisamente iso: que non hai dúas iguais.













Despois, o 8 de marzo, na nosa aula fixemos unha manualidade na que tiñamos que pensar en 5 mulleres importantes na nosa vida. Non foi unha decisión doada, a moitos faltábanlle dedos para poder poñer máis.












 

No hay comentarios:

Publicar un comentario